Cart 0
Solicita a túa praza!

EMPREGABILIDADE DE XEITO ÁXIL E VÍA DIXITAL

PROGRAMA PARA MELLORAR A TÚA

100 prazas dispoñibles

Últimas prazas!

O rexistro finaliza o 26 de xuño ás 14:00h.

→POR QUE…?

Porque seguimos a buscar emprego como hai 10 anos? Nun mundo diferente ao de hai uns meses, precisamos facer as cousas de maneira distinta.
A axilidade convértese nunha necesidade: todas as empresas esixen axilidade nos seus procesos, equipos e persoas, polo que neste programa formativo gratuíto poderás aprender a buscar emprego de maneira áxil.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Mozos e mozas residentes en Galicia

√ Que estean en situación de buscaa activa de emprego

√ Rematando os seus estudos de bacharelato, FP ou universidade

Que desexen aprender a buscar emprego dun xeito áxil e innovador, cunha metodoloxía útil e práctica

QUE OBTERÁS?
√ Contidos de alta calidade feitos por profesionais de recursos humanos
√ Formación telepresencial (Live Streaming) dende a túa casa e en directo
√ Acceder a unha rede activa de emprego
√ Aprender de profesionais de recursos humanos con experiencia en selección de persoas
√ Técnicas e ferramentas innovadoras para a procura de emprego
√ Rede de contactos real
√ Obterás o teu propio perfil DISC de emprego
√ Título que acredita a túa asistencia

COMO O FACEMOS?

A Xunta de Galicia facilita, trala situación do COVID-19, a tecnoloxía que precisas para a asistencia á formación GRATUíTA a través de medios online.
Todo o programa se leva a cabo de forma telepresencial (Live Streaming). Dende a túa casa poderás participar activamente en dinámicas, xerar debate, compartir ferramentas e formar parte dun equipo de traballo orientado á empregabilidade.

OS NÚMEROS DO PROGRAMA PPEA

√ 100 participantes
√ 4 semanas de formación
√ 9 xornadas de formación
√ 55 horas de formación telepresencial
√ 6 horas de titorías individuais

√ Acceso 24/7
√ + De 15 docentes profesionais dos recursos humanos

red_web_peq

OBXECTIVOS DA FORMACIÓN PPEA

√ A través do PPEA identificarás o teu propio perfil profesional
√ Comprenderás como axeitar o teu perfil profesional ás necesidades actuais
√ Crearás o teu produto mínimo viable para xerar visibilidade e incrementar o teu éxito na busca de emprego
√ Traballarás con expertos profesionais de recursos humanos que che darán as claves para a procura de traballo
√ Desenvolverás competencias tecnolóxicas para superar con éxito un proceso de selección online
√ Conectarás coa rede de emprego existente en Galicia

METODOLOXÍA 100% PRÁCTICA E ÚTIL

FACER > COMPARTIR > REFLEXIONAR > PRACTICAR > MELLORAR

QUE PRECISAS PARA REXISTRARTE?

1) GAÑAS DE APRENDER FACENDO

2) CUBRIR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN

3) UNHA VEZ ENVIADO O FORMULARIO, RECIBIRÁS UN EMAIL CON TODA A INFO DO PROGRAMA, ACCESO AO CAMPUS VIRTUAL ONDE ACHEGARÁS:

– CV

– DNI OU TARXETA DE RESIDENCIA

4) UNHA VEZ DENTRO DO PROGRAMA, RECIBIRÁS A LIGAZÓN PARA FACER O TEST DE PERSONALIDADE DISC

Síguenos en redes e compárteo cos teus amigos